A Asociación Cen Follas, fundada en 2017, ten como obxeto social básico o estudo e divulgación da Historia, artes, e creación literaria da vila de Cambados e da súa contorna, así como achegarse á galeguidade e ao universal dende o local. O nome é unha alusión áo poemario de Ramón Cabanillas A rosa de cen follas (1927).

A asociación edita a revista homónima, Revista Cen Follas – De artes e letras, de periodicidade anual e adicada ao obxeto antes mencionado.