Aprobados o 31 de agosto de 2017
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS DA ASOCIACIÓN
ARTIGO I
1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN CEN FOLLAS».
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
ARTIGO II
O domicilio principal e permanente da asociación (salvo modificación, que se fará constar nunha modificación dos estatutos da mesma) radicará na localidade de CAMBADOS, rúa de A BARCA – CASTRELO, nº 42 B, C.P. 36639, teléfono 696364042,correo electrónico ascenfollas@gmail.com
ARTIGO III
A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá maioritariamente as súas actividades no ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia.
ARTIGO IV
1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
CAPÍTULO II. OBXECTIVOS DA ASOCIACIÓN
ARTIGO V. FINS E ACTIVIDADES
1.- Son fins principais da Asociación os que seguen:
– Recuperar, investigar, difundir e promover a recuperación, investigación e difusión do patrimonio cultural do municipio e da comarca nas súas distintas manifestacións. Ao mesmo tempo, dar empuxe máis apoio aos actores que a poñan en valor ou enriquezan tal patrimonio.
– Recuperar e protexer o pasado histórico, artístico, etnográfico e literario de todos cantos outros ámbitos ou disciplinas científicas e artísticas sexan susceptibles de seren considerados de interese público pola Asociación (ámbito musical, teatral e coreográfico, pictórico, escultórico, arquitectónico e urbanístico, cinematográfico, fotográfico, artesanal, decorativo, textil, gastronómico, festivo e folclórico, etcétera), dentro do ámbito xeográfico de investigación e actuación da Asociación.
– Recuperar, investigar, difundir e promover a recuperación, investigación e difusión, segundo cada caso, da vida e da obra dos protagonistas da vida cultural, artística e científica do municipio e da comarca ou os vinculados a ela dalgún xeito (coma Pedro Pablo Bazán de Mendoza, Francisco Asorey máis discípulos, Ramón Cabanillas máis epígonos, os irmáns Camba, Ramón María del Valle-Inclán, os irmáns Narciso e Antonio Pérez, os irmáns Sánchez Peña, Dositeo Ulloa, Álvaro Cunqueiro, José María Castroviejo, José Caamaño Bournacell, a familia Leiro, a familia Silva, José Luis Alvite, etcétera).
– Moi especificamente recuperar, protexer e facer accesible ao público interesado ao patrimonio literario do municipio e da comarca (manuscritos, obras inéditas, obras non reeditadas, literatura oral).
– Inventariar e fomentar o coñecemento dos logros municipais e comarcais nas disciplinas vinculadas ás artes e ás letras, e en xeral á cultura local, fomentando tamén o coñecemento das figuras protagonistas que as fixeron posibles e tratando sempre de vinculalas a un contexto supralocal (galego, español, ibérico, occidental).
– Moi especialmente, promover e facer visible o traballo de quen se adique ás ciencias, ás artes e ás letras na comarca, sendo prioritaria a promoción de posibles novos valores que xurdan vinculados á comarca. Asemade, é fin promover a relación entre ás xentes adicadas a disciplinas científicas, artísticas ou literarias independentemente da súa idade, condición ou estatus, ou calquera outro condicionante que impida o libre intercambio de pareceres entre as xentes.
– Promover a conversa pública libre sobre ciencias, artes e letras no ámbito municipal e comarcal e promover a participación e a presencia de todo público interesado en tal conversa.
– Asesorar ás institucións públicas ou privadas de ámbito municipal e comarcal que teñan a vontade de recuperar, conservar ou achegar ó público interesado o pasado histórico e artístico e patrimonial propio ou común.
A Asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar, en consecuencia, todos aqueles actos que sexan precisos para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, suxeita ao establecido no ordenamento xurídico.
2.- E para a súa consecución levaranse a cabo principalmente as seguintes actividades:
– Charlas, conferencias, cursos, congresos, simposios e seminarios, presenciais ou a distancia, de cultura, ciencias e artes.
– Publicacións (boletín, anais, monografías, libros, mapas, guías, catálogos).
– Dixitalización do patrimonio literario para o libre acceso de interesados e investigadores.
– Organización de exposicións artísticas e científicas.
– Convocatoria de certames artísticos e de investigación.
– Organización de festivais de toda disciplina artística considerada de interese pola Asociación.
– Organización de viaxes de estudos, expedicións para a investigación e visitas-homenaxe.
– Promoción da instalación e instalación de elementos conmemorativas, así como erección de monumentos.
– Campañas de concienciación, educación e información de diversa índole, especialmente as referidas a conseguir unha mellor comprensión do legado patrimonial cultural e da importancia do mesmo.
– Cooperación con asociacións ou institucións públicas ou privadas que promovan as ciencias, as artes e as letras vinculadas ó ámbito xeográfico de actuación da Asociación.
3.- Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
CAPÍTULO III. INTEGRANTES DA ASOCIACIÓN
ARTIGO VI
1.- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
- Realizar o pago anual dunha cota de 30€ no caso de persoas físicas
- Realizar unha doazón anual de cara a financiar as actividades da asociación no caso de persoas xurídicas.
- Estar de acordo cos obxectivos, finalidades e actividades para levalas a cabo que aparecen especificados nos presentes estatutos
2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplila súa capacidade.
3.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición da persoa ou entidade xurídica que desexa ser admitida.
ARTIGO VII
1.- Dentro da asociación poderán existilas seguintes clases de asociados:
- Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
- Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
- Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
- Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.
ARTIGO VIII
1.- A condición de asociado perderase nos seguintes casos:
- Por vontade propia.
- Por falta de pago da correspondente cota anual.
- Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente aos intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
- Por empregala asociación para publicitarse en beneficio persoal propio ou político, sen o previo aviso e correspondente consentimento da Xunta Directiva da asociación.
- Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.- A expulsión de asociados e asociadas nos supostos b, c e d do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado ou interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
ARTIGO IX
1.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
- Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercelo dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
- Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
- Impugnalos acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.
ARTIGO X
1.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
- Compartilas finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
- Pagalas cotas que se establezan.
- Desempeñalos cargos para os que foron elixidos.
- Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
- Acatalo contido dos estatutos.
- Ter unha boa conduta individual e cívica.
CAPÍTULO IV. DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
ARTIGO XI
1.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral
ARTIGO XII
1.- O Presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 4 anos. Será asistido nas súas funcións por un secretario, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2.- O Presidente terá as seguintes atribucións:
- Representala asociación perante calquera organismo público ou privado.
- Convocar e presidilas sesións que celebre a Xunta Directiva; presidilas sesións da Asemblea Xeral, dirixilas deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
- Executalos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
- Ordenalos pagamentos acordados validamente
- Asinalas actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
ARTIGO XIII
1.- A Xunta Directiva estará formada polo Presidente da asociación, un Secretario e un tesoureiro. Ante a previsión da ampliación de socios/as, ocuparanse tamén os cargos de dous vocais.
2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados os gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixilos cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
4.- Os cargos cesarán na súa función por:
- Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
- Renuncia voluntaria.
- Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
- Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por dous terzos dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.
ARTIGO XIV
1.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
- Programar e dirixilas actividades da asociación.
- Levala xestión administrativa e económica da asociación.
- Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
- Convocar e fixala data da Asemblea Xeral.
- Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados e asociadas.
- Designalas comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
- Ditar normas internas de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignada á Asemblea Xeral.
- Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
- Propoñelo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as novas tarefas.
- Resolvelos procedementos disciplinarios que se instrúan.
- Aquelas que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da asociación.
ARTIGO XV
1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu defecto, outro membro da xunta directiva, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
ARTIGO XVI
1.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
ARTIGO XVII
1.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes esta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.
ARTIGO XVIII
1.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
ARTIGO XIX
1.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai dende o mes de xaneiro ata o de marzo. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
2.- As notificacións das asembleas ordinarias e extraordinarias realizaranse a través da dirección email facilitada polos asociados e asociadas.
ARTIGO XX
1.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
- Aprobalo plan de actividades.
- Examinar e aprobalas contas e balances do exercicio anterior.
- Aprobalos presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
- Exame e aprobación das cotas.
ARTIGO XXI
1.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
- Modificalos estatutos da asociación.
- Elixir e cesalos integrantes da Xunta Directiva.
- Aprobala federación con outras asociacións.
- Autorizalo alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.
- Acordala disolución da asociación.
- Designalos/as liquidadores/as.
- Ratificala expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
- Solicitala declaración de utilidade pública da asociación.
- Aprobalo regulamento de réxime interno da asociación.
- As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardala súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
- Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
ARTIGO XXII
1.- A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente, o secretario ou persoa que o substitúa.
ARTIGO XXIII
1.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
ARTIGO XXIV
1.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
2.- As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
ARTIGO XXV
1.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral.
ARTIGO XXVI
1.- O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levaráo ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificalas convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
2.- Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará que membro da Xunta Directiva deberá desenvolver esta función.
ARTIGO XXVII
1.- O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2.- O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.
ARTIGO XXVIII
1.- Presupoñendo a ampliación dos socios e socias que compoñen a asociación, deberán designarse dous vocais que terán as seguintes atribucións:
- Realizalos programas e propostas na súa área de actuación.
- Desempeñalos traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPÍTULO V. RÉXIME ECONÓMICO
ARTIGO XXIX
1.- A asociación no momento de inicialas súas actividades dispón dun patrimonio de 90€. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
ARTIGO XXX
1.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador do presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
ARTIGO XXXI
1.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
- As cotas periódicas dos/as asociados/as.
- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobados pola asemblea.
- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
ARTIGO XXXII
1.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atendelas necesidades da asociación.
ARTIGO XXXIII
1.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
ARTIGO XXXIV
1.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesario a sinatura do presidente ou do tesoureiro.
ARTIGO XXXV
1.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as socios/as os recursos obtidos pola asociación.
CAPÍTULO VI. DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
ARTIGO XXXVI
1.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.
CAPÍTULO VII. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
ARTIGO XXXVII
1.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas dúas terceiras partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións das propostas.
ARTIGO XXXVIII
1.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas dúas terceiras partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
ARTIGO XXXIX
1.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto a/o presidente e a/o tesoureiro, procederán para efectuala liquidación dos bens, pagando débedas, dobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
ARTIGO XL
1.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.
