N.º 2

2020

Dispoñible – 7 €

INVESTIGACIÓN

  • Cunqueiro, Perucho e as Sereas de Fefiñáns | Sindo Mosteiro
  • Dolores del Valle Béchade. A historia da “ Francesa | Bea Laya
  • Ecos de Rimbaud en dous poemas de Ramón Cabanillas | Emilio Xosé Ínsua

Abrimos este número 2 da revista Cen Follas na sección de investigación cun artigo do historiador e restaurador cambadés Sindo Mosteiro sobre a serea, ese ser mitolóxico de orixe clásico e que, como veremos, tivo gran repercusión nesta vila mariñeira. A continuación Bea Laya falaranos dunha muller cunha historia fóra do común no Cambados da primeira metade do século XX: Dolores del Valle Béchade, articulista en xornais galegos e franceses na súa xuventude, enfermeira durante a I Guerra Mundial e a Guerra Civil e gran benfeitora da parroquia e da vila cambadesa. E pechando esta sección, o viveirense e cambadés de adopción, Emilio Ínsua, estudará, como titula e aclara o autor, os ecos da poesía duns dos escritores máis salientables da literatura decimonónica, Arthur Rimbaud en dous dos poemas pertencentes ao primeiro poemario de Ramón Cabanillas.

CRÓNICA

  • Unha ficción na realidade: en Flossenbürg con Enric Marco | Josi Bäumler e Pedro Paquay Rovira

Por casualidades da vida, a bávara Josi Bäumler viuse envolta nesta irreal historia, que ten como marco o feito máis importante e terrible do século XX, cando acepta o traballo de ser tradutora e intérprete do Presidente dos Presos Españois dos Campo de Concentración Nazis, Enric Marco. Ela, xunto ao seu marido, o cambadés Pedro Paquay Rovira, fan unha crónica do que ao principio e durante anos foi algo ilusionante, cheo de responsabilidade histórica e que lle serviría como unha especie de exercicio de redención por formar parte dun pobo que no pasado foi responsable do holocausto, pero que remataría co descubrimento dunha gran mentira agochada repetida mil e unha veces. O protagonista, o activo, amable e simpático Marco, era en realidade un impostor, que tivo como consecuencia para eles a terrible decepción e sentimento de ter sido enganados naquela misión que, pensaban, era de gran importancia para eles mesmos, para as vítimas daquela barbarie e para a Memoria de todos nós.

PAPEIS DE TORRADO

  • Hélène de Beauvoir en Cambados. Entrevista a Ludwig Hammer | Bea Laya
  • Berta Cáccamo. Unha traxectoria en expansión | Xose Carlos Bernández

ESPECIAL ESCULTORES CAMBADESES (parte I)

  • Francisco Asorey en Fefiñáns. Un fito na historia cultural de Cambados. 22 de decembro de 1986 a 18 de xaneiro de 1987 | Adela Leiro
  • Narciso Pérez, o escultor esquecido | Jose Vaamonde
  • A escultura de Joaquín Gil Armada. Sicoloxía do fitar emocionado | Juan Fernando de Laiglesia

Coa desculpa do recordo trinta e tres anos despois da exposición en Cambados de Hélène de Beauvoir, irmá da autora de O segundo Sexo, entrevistamos ao seu artífice, amigo da artista e propietario de gran parte da súa obra, Ludwig Hammer. No 2018 o EsPazo Torrado de Cambados tiña prevista unha mostra da pintora viguesa Berta Cáccamo. Tristemente na primavera daquel ano deixounos. A mostra realizouse ao ano seguinte dende a idea de memoria, da man do seu irmán Pepe Cáccamo e do seu amigo Juan de Nives. Xosé Carlos Bernárdez escribe para esta revista lembrando a súa traxectoria, a que foi unha das máis importantes artistas contemporáneas deste país.

Dentro desta sección incorporamos un especial onde tentaremos facer un breve percorrido polos escultores cambadeses da primeira metade do século XX desde diferentes puntos de vista. O primeiro será a través dunha exposición realizada en Cambados con motivo do 25 cabodano do escultor Francisco Asorey. Pero tamén non queríamos deixar de publicar a análise e a historia dos dous escultores cambadeses nacidos xa entrado o século XX, Narciso Pérez e Joaquín Gil Armada, que como veremos por distintos motivos a súa obra quedou máis esquecida.

CARTAFOL LUIS REI

  • O legado documental de Luís Rei | Emilio Ínsua
  • Luís Rei, o activista cultural que segue a fulgurar na néboa | Francisco Fernández Rei

Luís dicíame con moita sorna que o más bonito de Cambados era que dende aquí podíase ver o Grove. É unha honra e unha obriga dedicarlle este cartafol á memoria do meu compañeiro de traballo e amigo Luís Rei Núñez cinco anos despois do seu pasamento. Este meco de nacemento que pasou media vida en Cambados, por mor da súa xornada laboral como bibliotecario e programador cultural do Concello, tamén é recordado na súa faceta política no Grove, como pioneiro e dinamizador da cultura marítima do mar de Arousa, investigador da historia cambadesa, escritor e colaborador en incontables publicacións culturais, e, sobre todo, e é por iso que esta vila está en débeda con el, por ser o biógrafo de Don Ramón Cabanillas. Contamos para elo coa colaboración de dous dos seus achegados camaradas de letras e ideas.

VERBAS VELLAS

Unhas copras de rexoubeo? | Xoán Antonio Pillado

En esta sección, dedicada á recuperación de textos antigos ou á publicación doutros inéditos, tráenos Xoán Antonio Pillado, estas copras de “rexoubeo” que teñen por título Carnaval de 1908. Carta abierta y en versos de pacotilla, gardadas con grande cariño polo seu avó, Antonio Pillado Otero. Aínda que sen asinar, expón a clara sospeita de que a súa autoría débese a un funcionario do Concello de Cambados con inquedanzas literarias e que logo sería rebautizado como o Poeta da Raza, Ramón Cabanillas, sospeita baseada primeiro polo testemuño do seu antecesor e logo pola entendida opinión de dous expertos da obra de Don Ramón. Déixovos, pois, con estas Verbas Vellas.

CREACIÓN

Poesía

  • Dous poemas inéditos | Xosé Mª Álvarez Cáccamo
  • Un poema | Xosé Mª Vila Ribadomar

Artes plásticas

  • Paseo polo bosque | Lino Silva
  • Señoritas con mantilla | Lino Silva
  • Manuela (detalle) | Emérita Méndez.
  • Berro infinito | Fernando Arenaz

Relato

  • Eu pensaba que era indie, pero a miña avoa érao máis | Santi Araújo
  • Silentium loquens | Héctor Quintela González

Concluímos este segundo número cos poemas do escritor e artista Xosé Mª Ávarez Cáccamo, o poeta Xosé Mº Vila Ribadomar, e os relatos do músico e escritor Santi Araújo e o polifacético Héctor Quintela. Nas artes plásticas mostramos as pinturas de Lino Silva, Emérita Méndez e Fernando Arenaz.

DE MAIO A MAIO